viernes. 26.04.2024

Evento

AXENDA | Miguel Ángel Prieto Sotelo, "Chita", presenta o libro escolma dos seus artigos

22/12/22 a 22/12/22
19:30 a 21:00
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
Libro Chita_presentación
Cartaz da presentación do libro de Miguel Ángel Prieto Sotelo en Verín.

Este serán, a partir das 19:30h, o Salón de actos da Casa da Cultura de Verín será o escenario da presentación do libro “Dende a ponte a Monterrei”, de Miguel Ángel Prieto Sotelo. Unha obra que recolle unha recompilación de artigos que o autor escribiu, ó longo dunha década, no xornal Barrios.

O propio Miguel Ángel Prieto, explica que esta é unha obra feita "con agarimo e sentimento, o mesmo que me alentou a escribir todos e cada un dos relatos que compoñen este libro. A obra titúlase así porque a maioría dos artigos foron escritos na Ponte, en Ourense, e dirixidos a miña terra, Monterrei".

Ademais do autor, no acto de presentación tamén participarán: o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, Mirito Mateo, Juan Guerra, Alfonso da Tahona e Plácido Romero.