domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | "Tempo de malla", a festa que une tradición e solidariedade na Mezquita

14/9/25 a 14/9/25
17:30
Aira do Verano, A Mezquita

A Mezquita celebra un ano máis a xornada "Tempo de Malla", unha festa para honrar as súas raíces e rememorar as tradicións do campo. Será o domingo, 14 de setembro.

A xornada comezará ás 17.30 horas na Aira do Verano coa recreación do proceso de malla. Ademais, haberá unha exposición de maquinaria antiga e música tradicional.

Como mostra de agradecemento e unión, este ano ofreceranse uns pinchos de confraternización para todas as persoas que colaboraron de xeito voluntario na loita contra os lumes do municipio. Velaí o programa que teñen preparado:

20250914 Tempo da Malla, A Mezquita

 

Comentarios