domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | 'Artesanato', festa dos oficios tradicionais na Mezquita

5/8/25
12:00
A Mezquita

Coincidindo coa festividade local dedicada á Virxe das Neves, A Mezquita volverase converter nun mercado artesanal de época o vindeiro 5 de agosto coa celebración da sexta edición da súa feira de artesanía, Artesanato. Este ano, contan coa participación de case medio cento de artesás e artesáns.

Mergúllate na esencia dos oficios tradicionais, desfruta de artesanía única, delicias locais, obradoiros e demostracións en vivo. E non perdas a oportunidade de ver as rúas cheas de vida con xente vestida de época. Dende a mañá, a música e o folclore encherán cada recuncho, con foliada, concerto e verbena ata a madrugada. Podes consultar aquí toda a programación:

20250805 Artesanato A Mezquita

 

Comentarios