jueves. 18.04.2024
El adjudicatario inicial de la obra la abandonó en estas condiciones. | FOTO: Cedida.
El adjudicatario inicial de la obra la abandonó en estas condiciones. | FOTO: Cedida.

A Deputación de Ourense encargou este 5 de abril de 2023, á empresa pública Tragsa a execución da obra de acondicionamento e mellora integral da OU-1006 Vilardevós (OU-310) - Vilarello da Cota.

Na resolución aprobada este mércores, a administración provincial tamén habilita un orzamento de 467.308 euros para a realización desta obra por parte da empresa pública, que a realizará como medio propio ao ser a Deputación accionista de Tragsa, tal e como habilita a disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017 de contratos do Sector Público.

INCUMPRIMENTOS DO ADXUDICATARIO

O encargo da obra a Tragsa realízase unha vez que o Consello Consultivo de Galicia avaliase, en ditame do 31 de marzo de 2023, o expediente do 5 de xaneiro de 2023 de resolución do contrato da obra por causas imputables ao contratista (Asfalgal), despois de que esta adxudicataria incumprira as obrigas contractuais adquiridas na sinatura do contrato -27 de xuño de 2021- e na acta de comprobación de reformulo -27 de decembro de 2021-, momento en que se fixou o prazo de remate da obra no 27 de xuño de 2022. Transcorridos tres meses desde o inicio da actuación, e cun 91,31% da obra pendente de executar, en marzo de 2022 abandonou a execución da obra e incumpriu as xa mencionadas obrigas contractuais.

Despois de resolver o contrato da obra e recibir o ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia, o goberno provincial dispuxo o 3 de abril de 2023 “analizar a viabilidade do encargo da obra a Tragsa ante a demanda veciñal existente polo trastorno ao servizo público que supón o desvío habilitado e a ruína do construído”, emitindo a continuación os correspondentes informes pertinentes as diferentes áreas administrativas para resolver hoxe este encargo.

NOTICIAS VERÍN | A empresa pública Tragsa asume o remate das obras da OU-1006 en...