Venres. 29.03.2024
Casa do Concello de Vilardevós.
Casa do Concello de Vilardevós.

O Concello de Vilardevós abriu unha convocatoria de selección de persoal para a contratación temporal de dous xefes de brigada, dous peóns-condutores e seis peóns para o servizo de brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 3 meses.

A selección resultará dunha fase de concurso-oposición regulada polas bases, redactadas e aprobadas polo grupo de goberno nunha resolución do pasado día 13 de xullo e, cuxo anuncio, foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Ourense -BOP-. Están a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica.

Os exames consistirán nunha proba teórica tipo test, nunha proba práctica relacionada coas tarefas de extinción e nunha proba física e médica. Tamén se terán en conta os méritos derivados da experiencia e formación relacionadas. No caso dos xefes de brigada será condición esencial estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou equivalente.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes de maneira presencial no rexistro xeral da casa consistorial de Vilardevós, en horario de mañá (de 09:00h a 14:00h) ou vía Fax, durante os vindeiros cinco días hábiles (do 19 ao 23 de xullo, ambos inclusive).

O Concello de Vilardevós oferta dez postos de traballo nas brigadas de prevención de...