lunes. 20.07.2026
As bonificacións poderían chegar ata un 40%

NOTICIAS VIANA | Os socialistas apostan pola compostaxe para reducir o importe da taxa da recollida do lixo

Compost  FOTO Lenka Dzurendova
Realizar a compostaxe da materia orgánica pode reducir o importe dos recibos ata nun 40%. | FOTO: Lenka Dzurendova.

Dende o grupo municipal socialista consideran "imprescindible" que os veciños e veciñas de Viana do Bolo coñezan a maneira de minorar a importante suba que se vai producir nos recibos que pagan pola recollida do lixo. Tal e como explican, os importes representan nalgúns casos "subas dun 50 % e no caso das aldeas do 100%, por mor dos incrementos das taxas que cobra a Deputación Provincial de Ourense polo deficiente tratamento dos residuos por parte de Sogama".

García-Ávila Arias, voceiro do PSdeG-PSOE, subliña que o goberno local "tampouco informou correctamente á veciñanza da suba da taxa do lixo, nin das bonificacións ás que se poden optar no caso de acollerse a compostaxe e que supoñen unha importante redución no recibo".

Como rebaixar o importe do recibo do lixo

A suba da taxa da recollida do lixo vai supor un duro golpe para a economía familiar, pero existen formas de rebaixar o importe. A principal, facer compostaxe da materia orgánica. O PSdeG-PSOE xa pedira ao Concello de Viana que facilitara á veciñanza composteiros, tanto nos fogares como nos comercios e industrias de Viana. Ata o de agora, dende o Goberno local non se levou a cabo ningunha iniciativa ao respecto.

Ante a falta de iniciativa do Concello de Viana, os socialistas insisten na necesidade de promover a compostaxe para rebaixar a factura da recollida do lixo e inician unha campaña informativa. Neste sentido, subliñan que se pode "rebaixar o importe da taxa nun 30% e que co uso de maneira regular do punto limpo a rebaixa sería doutro 10%". Tan só se debe cubrir un impreso e presentalo no Concello para acollerse a compostaxe.

NOTICIAS VIANA | Os socialistas apostan pola compostaxe para reducir o importe da taxa...