jueves. 25.04.2024
O boteiro de Viana compartiu a xornada cos alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Ponte de Ourense.
O boteiro de Viana compartiu a xornada cos alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Ponte de Ourense.

O Entroido de Viana chegou ata a cidade de Ourense, onde os cativos do CEIP A Ponte tiveron a oportundiade de coñecer as tradicións vianesas desta festa. O Concello participou nunhas xornadas que están a levar a cabo dende a ANPA para festexar o Entroido co alumnado.

Un boteiro compartiu a xornada cos estudantes de Infantila ata 6º de Primaria para que coñecesen de preto o traxe, pero tamén as tradicións que rodean ao Entroido en Viana. A visita espertou a curiosidade da cativada, que fixo moitas preguntas ás persoas que se trasladaron dende a localidade, entres as que había persoal do Concello e a creadora da web oficial do Entrudio de Viana.

 

Ademais de ver de preto o colorido traxe do boteiro, que foi facilitado pola Asociación de Fulións Rurais Viana Do Bolo, a rapazada tamén descubriu máis sobre os fulións e puideron tocar algún bombo. Estas actividades de Entroido no centro comezaron o luns coa visita da Asociación de Veciños de Seixalbo para falar de Paquita e Nicanor, mentres que mañá será o turno das pantallas de Xinzo.

ENTROIDO 2023 | Viana dá a coñecer ó boteiro e as súas tradicións aos nenos de Ourense