domingo. 19.07.2026
Os nacionalistas subliñan que non houbo negociacións dende a súa proposta no 2023

NOTICIAS VIANA | O BNG acusa aos socialistas de "enredar" e pídelles seriedade para crear unha alternativa de goberno crible

2025 Grupo municipal BNG Viana do Bolo
A asemblea local do BNG de Viana do Bolo fuxe de liortas e pide ao PSOE que fixe "día e hora" para negociar.

Logo das declaracións feitas polo voceiro do PSdeG-PSOE de Viana acusando ao grupo municipal do BNG de "falla de diálogo e consenso" para crear un goberno de coalición porque "non son razoables e queren todo o poder e control para eles", os nacionalistas non saen do seu asombro e lembran que dende o ano 2023 non houbo negociacións entre ambos partidos. 

 

No que si están de acordo os dous partidos da oposición é que existe unha situación de desgoberno no Concello de Viana "pola ineficacia do goberno do PP e en particular pola ineptitude de Andrés Montesinos", subliñan dende o BNG. Motivo polo que lle piden ao PSOE que "se realmente agora hai vontade de chegar a un acordo, non ten máis que pór día e hora para a negociación e aceptar o resultado electoral".

 "Instamos ao PSOE a ser “serios” e deixar de enredar. Se queren dialogar e tentar chegar a un acordo poden pórse en contacto co BNG para dar unha alternativa de goberno crible para resolver a situación en Viana do Bolo"

Visión "paralela e irreal" dos socialistas

No 2023, o BNG fixera unha proposta de coalición ao PSdeG logo duns resultados electorais nos que a veciñanza colocou á formación nacionalista como como a principal forza alternativa ao PP. Proposta rexeitada polos socialistas. A pesar de que Germán García-Ávila afirmaba hai uns días que houbera ata tres reunións entre ambos partidos para crear un posible goberno de coalición, a asamblea local do BNG desmínteo: "Instamos ao PSOE a ser “serios” e deixar de enredar. Se queren dialogar e tentar chegar a un acordo poden pórse en contacto co BNG para dar unha alternativa de goberno crible para resolver a situación en Viana do Bolo".

Os nacionalistas deixan claro que están dispostos a negociar, pero piden aos socialistas que "deixen de explicar unha visión paralela e irreal que se deu en Viana do Bolo no pasado e miremos polo presente e cara o futuro". Buscan unha saída real á situación de "parálise e caos" que se vive no Concello de Viana, un acordo que, lonxe de liortas, resolva e ofreza solucións para a veciñanza. 

NOTICIAS VIANA | O BNG acusa aos socialistas de "enredar" e pídelles seriedade para...