Xoves. 06.10.2022
No IES Carlos Casares estudan ESO e Bacharelato a maior parte dos alumnos da comarca.
No IES Carlos Casares estudan ESO e Bacharelato a maior parte dos alumnos da comarca.

Mentres a crise demográfica está a repercutir nas matriculación educativas dalgunhas comarcas como a de Monterrei, onde perderon 62 alumnos este curso, en Viana os estudantes crecen. Hoxe volveron a clase 351 estudantes en Viana, A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso, sendo 19 máis que o ano pasado segundo os datos da Consellería de Educación

 

Ningún destes concellos perde matriculados, todos gañan a excepción de Vilariño de Conso que mantén a 5, todos en Infantil. Na Mezquita, onde levan moitos anos mantendo e incluso aumentando o número de matriculados, gañan 3 alumnos máis. No seu caso compensan as 4 baixas en Infantil -8 nenos- coas 7 altas en Primaria -25 estudantes-.

Con estes datos, A Mezquita e Viana son os dous concellos nos que aumenta a matriculación nos primeiros anos educativos. No caso de Viana contarán con 46 cativos en Infantil (+2) e con 78 en Primaria (+6). Na Gudiña, os estudantes matriculados na ESO impiden o descenso de alumnos no municipio xa que contan con 37 (+6). En Primaria teñen 25 rapaces (-4) e en Infantil son 19 (+2).

En ensinanzas superiores, Viana aglutina ao alumnado de case todos os concellos da comarca na ESO e Bacharelato. O número de estudantes só baixa en secundaria onde teñen 72 estudantes (-3). No caso dos estudos non obrigatorios de Bacharelato, que só se imparte en Viana, son 36 alumnos (+7).

NOTICIAS VERÍN | A comarca de Viana inicia o curso con máis alumnos que no 2021
comentarios