domingo. 26.07.2026
A Gudiña, O Riós, A Mezquita ou Viana do Bolo, entre os afectados

Sanidade activa o aviso amarelo por calor na montaña de Ourense e o laranxa no interior de Pontevedra | NOTICIAS VERÍN

Xa esta tarde se rexistraron altas temperaturas nos campos do interior. | FOTO: Noelia Caseiro.
Xa esta tarde se rexistraron altas temperaturas nos campos do interior. | FOTO: Noelia Caseiro.

A Consellería de Sanidade, dacordo cos datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, actualizou os niveis de alerta por altas temperaturas no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia. Para a xornada deste luns, día 27, decretouse o nivel 2 (laranxa) na zona do interior de Pontevedra e o nivel 1 (amarelo) na montaña de Ourense.

 

A exposición a temperaturas excesivas pode alterar funcións vitais e desencadear problemas graves de saúde como síncopes, deshidratación, insolacións ou golpes de calor, provocados por un fallo no sistema de termorregulación corporal. Ante esta situación, as autoridades sanitarias fan un chamamento á precaución, especialmente coas persoas maiores de 65 anos, menores de 4 anos e enfermos crónicos.

 

Entre as principais recomendacións xerais, Sanidade lembra a importancia de beber máis líquidos sen esperar a ter sede (priorizando auga e zumes de froita), evitar bebidas alcohólicas, quentes ou moi azucradas, e optar por comidas lixeiras e menos copiosas. Así mesmo, aconséllase permanecer en espazos frescos e ventilados, reducir a actividade física nas horas de máis calor, e usar roupa lixeira de cores claras, sombreiro e crema protectora.

 

En caso de detectar síntomas de esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061. Ademais, pídese á cidadanía realizar un seguimento especial a familiares ou veciños que vivan sós para comprobar que adoptan as medidas de protección adecuadas.

 

CONCELLOS AFECTADOS POLOS AVISOS

Nivel 1 Amarelo: Montaña de Ourense (19 concellos)

Comprende os seguintes municipios:

  • O Bolo

  • Carballeda de Valdeorras

  • Castro Caldelas

  • Chandrexa de Queixa

  • Esgos

  • A Gudiña

  • Maceda

  • Manzaneda

  • A Mezquita

  • Montederramo

  • Parada de Sil

  • A Pobra de Trives

  • San Xoán de Río

  • O Riós

  • A Teixeira

  • A Veiga

  • Viana do Bolo

  • Vilariño de Conso

  • Xunqueira de Espadanedo

Nivel 2 Laranxa: Interior de Pontevedra (16 concellos)

Comprende os seguintes municipios:

  • Agolada

  • O Campo Lameiro

  • A Cañiza

  • Cerdedo-Cotobade

  • Covelo

  • Cuntis

  • Dozón

  • A Estrada

  • Forcarei

  • Fornelos de Montes

  • Lalín

  • A Lama

  • Moraña

  • Rodeiro

  • Silleda

  • Vila de Cruces

Sanidade activa o aviso amarelo por calor na montaña de Ourense e o laranxa no interior...
Comentarios