viernes. 26.04.2024
No barrio da Cruz Vermella vivíronse moitos momentos de tensión nesta tarde. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
No barrio da Cruz Vermella vivíronse moitos momentos de tensión nesta tarde. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

As lapas do incendio de Verín seguen a avanzar fóra de control e os montes de Vilardevós xa se están a ver afectados. Despois de que as chamas cercasen un gran número de vivendas verinesas, as aldeas da Veiga das Meás e Bemposta son as que se atopan máis preto do lume, que os efectivos de extinción tratan de atallar.

Medio Rural estima que xa se queimaron máis de 400 hectáreas, nun lume que obrigou a desaloxar vivendas en varios puntos como o barrio da Cruz Vermella e en Ábedes.

A evolución deste lume, con máis de dez focos activos, obrigou a cortar o tráfico pola N-525. Nestes intres xa se circula con normalidade, agás en dirección a Porriño. Nese sentido rexístranse retencións de ata 5 quilómetros polo tráfico que se desviou desde a A-52. A autovía tamén tivo o tránsito cortado e recuperouse en torno ás 20:30 horas.

Desde a DXT piden precaución nas carreteras próximas a Verín polo efecto que o fume está a ter na visibilidade.

NOTICIAS DE VERÍN | O incendio de Verín avanza e xa afecta a Veiga das Meás e Bemposta,...