martes. 23.04.2024
interceptacion
Momento no que o vehículo foi interceptado na A-52. | FOTO: Cedida

Foi na madrugada do mércores ao xoves, sobre as 01:20h, cando a central de emerxencias 112 avisaba dunha irregularidade na A-52, na zona das Estivadas. Un vehículo estaba circulando en sentido contrario: dirixíase cara Benavente polos carrís de circulación cara ao Porriño. Tempo despois, e activado o protocolo establecido nestes casos, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín interceptou ao vehículo, xa no término municipal verinés

O condutor tomou a autovía polo carril de incorporación de Xinzo de Limia, onde manifestou ter sufrido un accidente. Despois de realizarlle as pertinentes probas de alcolemia e drogas, os axentes comprobaron que triplicaba a taxa permitida de alcol en sangue, que superaba os 0,70. Agora, están á espera do resultado das probas de estupefacientes, realizadas por un laboratorio homologado. 

O infractor, que rende declaración en calidade de investigado ante a Garda Civil, podería enfrontarse a penas de prisión de un a dous anos, multa de seis a doce meses e a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores durante un período de entre seis a dez anos

NOTICIAS VERÍN | Máis de 30 km en sentido contrario pola A-52 triplicando a taxa de alcol