martes. 16.04.2024
O propietario dunha finca perdeu todos os vehículos que nela tiña estacionados. | FOTO: Noelia Caseiro.
O propietario dunha finca perdeu todos os vehículos que nela tiña estacionados. | FOTO: Noelia Caseiro.

O 3 de agosto será recordado en Verín como un día de horror e desesperación ante un lume que non parou de reproducirse ata chegar a unha decena de focos que cercaron á vila. Os medios de extinción traballan a reo durante os últimos días para que o se logre controlar o seu avance. Medio Rural mantén unha superficie afectada de 600 hectáreas e sinala que "evoluciona favorablemente cara a súa estabilización". As tarefas centránse especialmente en evitar posibles reactivacións dalgúns focos xa controlados, como ocorreu onte pola tarde nun deles e que precisou da actuación da Brif de Tabuyo de León.

Na xornada de onte desactivouse o nivel de emerxencia 2, ou reducirse o risco para as vivendas. Durante a xornada do mércores, ese perigo foi constante e a colaboración de veciños, medios de extinción, Garda Civil e Protección Civil, foi crucial para evitar unha maior destrución. Os máis de 100 militares da UME que traballaron nas tarefas de extinción desde a noite do mércores, xa se replegaron onte pola tarde cara a súa base de León.

Desde o Concello de Verín aseguran que agardan unha pronta extinción do incendio que permita ós expertos facer un balance dos danos. Unha vez que se coñezan, non descartan solicitar a declaración de zona catastrófica para conseguir axudas e paliar as perdas ocasionadas polo lume. Ademais, tamén queren valorar coa Xunta unha revisión do sistema de rozas e limpeza dos montes, xa que os numerosos lumes que xa afectaron neste verán a Galicia, especialmente a Ourense, demostran que non é eficaz.

Tamén este xoves, os axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais trasladáronse a Verín para obter datos que poidan identificar ó autor desta atentado medioambiental. Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, destacou a "clara intencionalidad" deste lume, e doutros que seguen activos en Galicia, que só "tratan de buscar hacer daño" á poboación e ós seus bens.  "¿Cuál es la excusa de lo que está ocurriendo estos días? Lo que ha ocurrido en Verín es escandaloso y no se entiende qué puede empujar a alguien a cometer semejante barbaridad", sinalou Rodríguez nunhas declaracións recollidas pola axencia EFE.

FREO NA MEZQUITA

Outro dos puntos conflictivos nas últimas xornadas por culpa do lume foi A Mezquita. O incendio que se orixinou na parroquia de O Pereiro, tamén na tarde do mércores, quedou estabilizado onte pasadas as 21:00 horas con 150 hectáreas  queimadas. A Brif de Laza traballou este xoves nas súas tarefas de extinción.

NOTICIAS VERÍN | O incendio de Verín segue activo, pero cunha evolución "favorable"