xoves 06/08/20
A Consellería de Política Social cedeu ás presións das familias e de todas as forzas da oposición

Feijóo recúa e permite que Raiola abra as súas portas o vindeiro 15 de xullo

A Consellería de Política Social vén de anunciarlle á Plataforma de Centros de Día de Galicia que permitirá a súa reapertura dende o vindeiro 15 de xullo, mes e medio antes da data inicialmente fixada. 

Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, foi o primeiro que no debate electoral do pasado luns lle reclamou a Feijóo que abrise os centros de día.
Pancho Casal, candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Marea Galeguista, foi o primeiro que no debate electoral do pasado luns lle reclamou a Feijóo que abrise os centros de día.

É oficial. Os centros de día e de discapacitados de Galicia abrirán de novo as súas portas o vindeiro 15 de xullo. Así llo anunciaron representantes da Consellería de Política Social aos membros da Plataforma de Centros de Día de Galicia, cos que mantiveron unha xuntanza esta mesma mañá en Santiago.

Inicialmente, a Xunta de Alberto Núñez Feijóo, sen contar cos criterios dos expertos en materia sociosanitaria, impediron a reapertura destas instalacións e fixaron como horizonte o 1 de setembro. As protestas das familias dos usuarios, que se extenderon por toda a comunidade autónoma pero que tiveron o seu berce en Raiola, o centro de día de Verín, apoiadas con posterioridade por todas as forzas políticas da oposición -Pancho Casal, de Marea Galeguista, o único candidato á presidencia da Xunta de Galicia que visitou as instalacións de Raiola; foi o primeiro en lembrallo ao presidente en funcións do Goberno autonómico no debate do pasado luns na TVG-; conseguiron que a Consellería de Política Social rectificase a súa postura inicial e lle anunciase aos membros da Plataforma de Centros de Día de Galicia que a data do 1 de setembro adiantase ao vindeiro 15 de xullo.

Feijóo recúa e permite que Raiola abra as súas portas o vindeiro 15 de xullo
comentarios