
Acaba de coñecerse o falecemento dun home de 88 anos no hospital público de Verín, nun luns no que se soubo dun espectacular repunte nos positivos durante a fin de semana en toda a comarca, con ata 20 novos casos a primeira hora, segundo os rexistros do Servizo Galego de Saúde.
Dende as 15:00 horas do pasado venres ata las 9:00 horas deste luns 5 de outubro, contabilízanse 20 novos casos diagnosticados con PCR, dos cales 14 deles correspóndenlle a Verín, tres novos á Mezquita, e outros tres se reparten entre os concellos de Oímbra, Monterrei e Cualedro.
Novos gromos en Verín, A Mezquita e A Gudiña
Tamén esta mesma tarde, o Sergas facía pública a relación dos novos gromos rexistrados nas últimas horas:
-
A MEZQUITA: catro casos de tres homes de 55, 54, 33 e unha muller de 94 anos.
- A GUDIÑA: tres novos casos de orixe familiar, con dous homes de 49 e 79 e unha muller de 41 anos.
Tamén se coñecía que os surtos localizados en Verín seguían, á súa vez, incrementándose. O gromo social e familiar de 17 casos aumentaba un máis ao engadir a unha muller de 40 anos. O surto de 13 casos subía tamén noutro, co diagnóstico dunha muller de 71 anos.