martes. 16.04.2024
Coincidencia_
Controversia polo deseño de mascarillas inspiradas no Cigarrón de Verín. | FOTO: Paula Morales.

O artista local David Gómez leva dende decembro facendo mascarillas co deseño do sorriso dun Cigarrón. Agora, en xaneiro, o Concello de Verín anunciou unha iniciativa de reparto de mascarillas, tamén inspiradas na famosa máscara do Entroido verinense, pero coa colaboración doutro deseñador. Coincidencia ou plaxio?

PHOTO-2021-01-23-12-08-28 (1)O artista local David Gómez posando cun dos seus deseños. | FOTO: David Gómez.

''O primeiro que fixen foi rexistrar o deseño en outubro e levamos dende decembro facendo as mascarillas. A nosa intención é darlle visibilidade e tamén unha identidade, pero en ningún momento o Concello se puxo en contacto comigo. De facelo eu non tería ningún problema en colaborar''. Así o expresa o creador, molesto ante a falta de interese. Tamén recalca que xa levan tempo coa venda e promoción por internet. ''Nós facemos publicidade na rede, polo que é moi difícil non saber que existise. Sendo de Verín sentoume bastante mal''.

En ningún momento o Concello se puxo en contacto comigo. De facelo eu non tería problema en colaborar (David Gómez, artista local)

As actuais mascarillas que se reparten na localidade están deseñadas por Aurora López, outra artista de Verín, e será un negocio da zona, Nicandra, o que as elabore para logo regalar nas escolas. Curiosamente, o deseño tamén se centra no sorriso dun Cigarrón, polo que o autor considera que se fixaron na súa creación para fabricar tapabocas similares. ''Non se pode explotar a imaxe do Cigarrón como tal, pero si facer alteracións con deseños diferentes. Ninguén ten a propiedade do Cigarrón, só da interpretación que se faga''. E esa interpretación considera que é semellante á súa.

Ninguén ten a propiedade do Cigarrón, só da interpretación que se faga (David Gómez, artista local)

A pesar disto, non ten en mente tomar accións legais, xa que segundo informa, ''o problema é que este tipo de leis non protexe ideas, só cousas tanxibles''. Sen embargo, isto non quita que se sentira molesto pola falta de iniciativa a contactar con el, que dende o primeiro momento xa contaba cunha idea propia. 

O problema é que este tipo de leis non protexe ideas, só cousas tanxibles (David Gómez, artista local)

Un artista local de Verín patentou unha mascarilla similar á que agora regala o Concello