Luns 20.05.2019
Os premios entregaránselle aos alumnos no Auditorio Municipal de Verín

O 17 de maio celebrarase a gala dos certames de poesía Xosé Carlos Caneiro e relato curto Antonio Fernández Pérez

Certame do ano pasado no Auditorio Municipal.
Certame do ano pasado no Auditorio Municipal.

Corenta e oito alumnos de sete centros da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.

Os certames, promovidos polo Concello de Verín polo Día das Letras Galegas, terán lugar o 17 de maio ás sete da tarde no Auditorio Municipal do Centro das Artes Escénicas de Verín. Contarán, ademáis, cunha gala músico-literaria, onde participará tamén a Banda do Conservatorio de Música de Verín.

No acto entregaranse os premios de cada unha das tres modalidades dos dous certames e daráselles aos finalistas un diploma e un lote de libros. Os centros participantes este ano na modalidade de 5º e 6º de Primaria foron o CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
O IES Castro de Baronceli, o IES Xesús Taboada Chivite, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario participaron nas modalidades de ESO.

O 17 de maio celebrarase a gala dos certames de poesía Xosé Carlos Caneiro e relato...
comentarios