viernes. 26.04.2024
As xornadas de portas abertas na Ruta do Viño de Monterrei celebraranse durante a primeira fin de semana de xuño

NOTICAS VERÍN | A Ruta do viño Monterrei prepara unha "Cata de estrelas"

DO Monterrei - rutadoviño2023 (FILEminimizer)
Jonatás Gago, presidente do CRDO Monterrei, participou no acto de presentación do programa enoturístico.

Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, vén de presentar "Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia", a campaña de promoción do enoturismo para o 2023. Un completo programa actividades que busca dar a coñecer os roteiros do viño das distintas denominacións de orixe de Galicia, uníndoas coa riqueza patrimonial, natural e cultural dos seus territorios.

A Ruta do Viño de Monterrei abrirá a súas portas os días 2, 3 e 4 de xuño. Jonatás Gago, presidente do CRDO Monterrei, presentaba en Compostela as actividades programadas, organizadas e pensadas co obxectivo de atraer turismo á comarca pondo  en valor o territorio da denominación e os caldos de Monterrei.

Este ano, a diversidade de actividades será gratificante para as persoas que se inscriban. Os "buses do viño" arrancarán dende Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense o sábado, 3 de xuño. Non faltarán as tradicionais: a ruta dos lagares rupestres do concello de Oímbra e as visitas á adega - lagar "As Barrocas" e ó conxunto da acrópole de Monterrei. Precisamente alí, no Hospital da Trinidade, abrirase unha exposición de arte para que podan acudir os participantes.

Experiencias únicas

A actividade máis salientable nista edición será a "Cata de estrelas", un evento pensado para a observación astronómica acompañada de viños da Denominación de Orixe Monterrei. Dende a organización advirten que esta actividade pode sufrir alteracións debido á climatoloxía; está programa para o sábado 3 de xuño. 

feira viño domingo (58) (FILEminimizer)

No eido gastronómico, "Viños de Monterrei e xamón ibérico" é un seminario de harmonías no que os participantes descubrirán distintos viños da Denominación de Orixe Monterrei maridados con 5 dos 7 sabores presentes no xamón ibérico. Para aquelas persoas máis creativas, "Artesanía e viño" proporá a realización dunha creación artística de elaboración propia, lembranza do seu paso pola "Primavera de portas abertas na Ruta do Viño Monterrei"

Non pode faltar a cata dos caldos de Monterrei, o "Tunel de anadas das adegas da Ruto do viño Monterrei" exporá viños das distintas adegas da denominación. Cada un deles será exposto xunto a unha ou dúas anadas pretéritas do mesmo, co obxectivo de amosar o potencial envellecemento dos viños da comarca.

Como novidade, este ano porase en marcha unha plataforma de comercialización desde a que se ofertarán de forma telemática as reservas para participar nestas experiencias enoturísticas.

NOTICAS VERÍN | A Ruta do viño Monterrei prepara unha "Cata de estrelas"
Comentarios