domingo. 28.04.2024
Accidente A-52 camións 20230919 (1)
O tráiler de mercadorías alcanzaba por detrás ó camión da recollida do lixo. | FOTO: Cedida.

Un novo accidente provocaba retencións na circulación na A-52 ista mañá logo dun aparatoso choque entre dous camións á altura das Estivadas, dirección Benavente. Cara as 10:00 horas colisionaban no punto kilométrico 176 da autovía, no Concello de Cualedro, motivo polo que a circulación víase afectada.

O accidente provocaba que un dos condutores resultase ferido. Logo do aviso ó 112, o centro galego de emerxencias puña en alerta á Garda Civil, a Protección Civil e ós servizos de Urxencias Médicas. O equipo de sanitarios comprobaba que as feridas eran de carácter leve, pero decidiron trasladar ó conductor ó Hospital de Verín para comprobar que non sufrira outros danos.

O suceso acaecía cando un camión da recollida do lixo sufría problemas mecánicos e víase abrigado a estacionar no arcén esquerdo da A-52. A isas horas da mañá había algo de néboa e foi alcanzado por detrás por un tráiler de mercadorías que circulaba dirección Benavente. 

Accidente A-52 camións 20230919 (2)
O condutor do camión da recollida do lixo sufriu feridas leves. | FOTO: Cedida. 

O aparatoso choque entre os dous camións colapsaba a circulación, provocando unha retención dos vehículos ata o punto de ter que deter o tránsito rodado para deixar paso a ambulancia ata o lugar do sinistro. A circulación está aberta ó tráfico, pero se pide extremar as precaucións ata que sexan retirados todos os restos do accidente e os camións afectados.

NOTICIAS VERÍN | Aparatoso accidente entre dous camións na A-52 á altura das Estivadas