domingo. 28.04.2024
18 agosto, Esquecemento Xinzo
Esta mañá presentábase a programación da XXIII Festa do Esquecemento.

Xinzo xa vibra á espera do comezo da Festa do Esquecemento, ano XXIII. Esta mañá presentábase a programación para ista edición, que conta cunha chea de actividades para converter a vila do Limia no mellor escaparate da resistencia castrexa ante a chegada das lexións romanas. Durante tres días, do 18 ó 20 de agosto, volverá ter vida o campamento.

A presentación, celebrada na Casa do Concello, contaba co apoio da corporación municipal de Xinzo de Limia. Un ano máis, a Asociación Cultural Civitas Limicorum encárgase de pór en marcha unha festa que transforma a vila do Limia nun gran campamento de convivencia e troula que recrea un importante momento da historia da Limia.

Entre as moitas actividades organizadas, a Praza Maior acollerá a exposición "Ritos e crenzas castrexo-romanas". A inaguración terá lugar o día 12 de agosto, ás 21:30 horas, e permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto.

18 agosto, esquecemento campamento
Mapa do Esquecemento.

 

Venres 18

  • 20:00h.: apertura do mercado de artesanía e da zona de xogos infantís coa actuación do grupo Cidade de Antioquía, no parque do Toural.
  • 20:30h.: apertura do campamento castrexo-romano, coa actuación do grupo Cidade de Antioquía.
  • 23:30h.: gran desfile inaugural castrexo-romano.
  • 00:15h.: espectáculo O Prendido do Lume Sagrado e Pregón de Bruxo Queiman, praza de Carlos Casares.
  • 00:30h.: percorrido polas rúas e o campamento do grupo Cidade de Antioquía.
  • 01:00h.: concerto de Treefolk, campamento.
  • 01:30h.: vodas castrexas, campamento.

Sábado 19

  • 12:30h.: acto de confraternización con autoridades e grupos convidados. Entrega dos Premios Bispo Idacio.
  • 13:00h.: pasarrúas polo mercado artesanal e casco vello do grupo Cidade de Antioquía.
  • 13:30h.: Loitas de gladiadores, Praza Maior.
  • 16:00h.: pasarrúas do grupo Lirolaio no casco vello e xogos infantís.
  • 16:30h.: animación do grupo Treefolk no campamento.
  • 18:00h.: Olimpiadas de xogos tradicionais no campamento.
  • 19:30h.: Loitas de gladiadores, Praza Maior.
  • 20:30h.: gran desfile da Festa do Esquecemento.
  • 23:30h.: espectáculo Queiman Folki do Bruxo Queiman, praza de San Roque.
  • 01:00h.: peche do campamento ás persoas que non vaian vestidas de época.
  • 01:30h.: pasarrúas do grupo Cidade de Antioquía.

Domingo, 20 de agosto

  • 12:00h.: desfile na honra de Adolfo Gómez.
  • 12:30h.: pasarrúas co grupo Lirolaio.e bautizos castrexo-romanos na praza de Oriente.
  • 13:00h.: homenaxe a Adolfo Gómez na praza de Oriente e pasarrúas do grupo Treefolk no casco vello.
  • 17:30h.: recreacións do cruce do río Lethes e gran loita ás beiras do río Limia.
  • 18:30h.: actuación do grupo Lirolaio no campamento.
  • 20:00h.: desfile final da Festa do Esquecemento.
  • 22:30h.: pasarrúas de Lirolaio, casco vello.
  • 23:30h.: Apagado do Lume Sagrado no campamento.
  • 00:00h.: entrega de premios ás mellores casetas romanas e castrexas.
  • 01:00h.: actuación de Treefolk no campamento.

Xinzo prepárase para a chegada das lexións romanas