sábado 28/05/22
Traballos no obradoiro, en Vilariño.
Traballos no obradoiro, en Vilariño.

Vinte alumnos que participan no obradoiro de emprego da mancomunidade de "Conso Frieiras”, dos Concellos de Vilariño de Conso, A Gudiña e Riós, fixeron traballos de recuperación dun muíño en Chaguazoso, nesta primeira localidade, e lugar polo que transcurre o Camiño de Santiago. 

Este obradoiro, dividido nos módulos de albanelaría e forestal, ten como obxectivo mellorar a capacitación de persoas desempregadas e crear emprego estable e de calidade. Os alumnos fórmanse en albanelaría e sector forestal. 

Dentro dos traballos realizados estes últimos días, os participantes realizaron tarefas da recuperación dun muíño, en Chaguazoso, os cales súmanse os que fixeron no centro de saúde da Gudiña ou en Riós. 

Segundo explicou a alcaldesa de Vilariño, Melisa Macía, os traballos nesta localidade están orientados á recuperación de elementos singulares desta zona, pola que transcurre a Vía da Prata, e que forman parte do patrimonio, como son as fontes, os fornos e un muíño. De nove meses de duración, está previsto que o obradoiro remate en setembro. 

Vinte alumnos fan traballos de recuperación nun muíño en Chaguazoso
comentarios