martes. 16.04.2024
joker-790658206-large
A película Joker proxectarase no Cinema Municipal de Verín.

TEATRO

Continúa a décima edición do Festival de Teatro Entreculturas cunha fin de semana cargadiña de espectáculo: tres días de puro teatro. Hoxe venres, ás 20:30h, será a quenda do grupo de teatro verinés A tecedora de soños, que ofrecerá ós espectadores unha sesión dobre no Auditorio.

Monólogos de mulleres inmigrantes: obra na que un grupo de mulleres procedentes doutras terras amosan as súas inquedanzas e temores, os seus sentimentos e as súas lembranzas.

O bosque animado: adaptación da coñecida novela do gran escritor galego Wenceslao Fernández Flórez. Un canto ó ecoloxismo reivindicando o deber dos seres humanos de coidar a natureza.

O bosque animado

Mañá sábado, 19 de outubro, dende Pontevedra chega a compañía Estudo Bonobo para facer a estrea da súa obra Tejas Verdes. Unha obra que lembra a ditadura de Pinochet focalizándoa no que acontece no centro de confinamento dos detidos Tejas Verdes. Poderase ver no Auditorio de Verín ás 20:30h. Levan ensaiando dende o mes de maio, estarán nerviosos?

71791315_1311526085681487_8751728140344098816_n

A derradeira función que Entreculturas programou ista fin de semana será o domingo, 20 de outubro, a partir das 19h, tamén no Auditorio de Verín. A compañía teatral MDM Producciones, creada na Arxentina pero asentada en España dende o 2004, presenta Los dos gemelos venecianos, adaptación libre da obra homónima de Carlo Goldoni. Os actores Daniel Vignolo e Mauricio Albera dan vida ós xemelgos Tonino e Patricio; separados dende nenos, van coincidir en Verona provocando moitos equívocos. Unha comedia na que as constantes lerias provocarán o deleite dos espectadores... ademais de moitas gargalladas.

72284168_1311530799014349_5392734613003042816_n

Máis teatro en Laza

Os encargados de subir a escena son os integrantes do grupo de teatro da Asociación Cultural Caniceira; veñen dende as Terras de Trives coa firme intención de sacar moitas gargalladas entre os espectadores coa representación da obra Mortos da Risa. Como eles mesmos din: " unha traxicomedia funeraria en 7 actos". Será iste domingo, no baixo da Casa do Concello de Laza, ás 19h.

Teatro - A Caniceira de Trives

CINE

O Cinema Municipal de Verín proxectará ista fin de semana a película Joker; film non recomendado para menores de 18 anos. 

Joker (2019): Arthuer Fleck (Joaquin Phoenix) vive en Gotham coa súa nai. A súa única motivación na vida é facer rir á xente. Actúa facendo de paiaso en pequenos traballos, pero ten problemas mentais que fan que a xente o vexa coma un bicho raro. O seu gran soño é actuar como cómico diante do público, pero unha serie de tráxicos acontecementos faralle ir incrementando a súa ira contra unha sociedade que o ignora. (FILMAFFINITY).

Joker no Cinema Municipal de Verín

VIVE O CAMIÑO EN OÍMBRA E VILARDEVÓS

O programa de actividades promovido pola Xunta de Galicia para dinamizar a cultura nos concellos da Vía da Prata fai parada nos concellos de Vilardevós e Oímbra ista fin de semana. Necesítase inscrición previa para participar nas actividades. Se queres reservar a túa praza, debes facelo no teléfono: 722.876.073.

Sábado: Vive o Camiño en Vilardevós. A mañá está dedicada ó sendeirismo; dende a Casa da Cultura darase saída, ás 10h, á andaina que percorrerá a coñecida Ruta do Contrabando. A tarde será máis relaxada na Casa da Cultura de Vilardevós, lugar onde se desenvolverán o resto de actividades. Ás 17h comezará o obradoiro para adultos Memorias da Prata; pouco despois, ás 18h, combinaranse dúas actividades. Unha para os pequenos e pequenas, o obradoiro infantil Xogando coa Natureza; outra para os máis lambóns, Catar o Camiño ofrece unha degustación de produtos da zona.

Domingo: Vive o Camiño en Oímbra. A xornada dominical comezará cunha andaina que sairá dende a Casa do Concello ás 10h para percorrer a Ruta dos Lagares Rupestres. Xa pola tarde celebraranse dous obradoiros no Centro Social: Memorias da Prata, ás 16h, e Xogando coa Natureza, ás 17h. Mesma hora á que se poderá participar na actividade gastronómica Catar o Camiño, tamén no Centro Social de Oímbra. 

Vive o Camiño Oímbra

EXPOSICIÓN

Inda estás a tempo, a Biblioteca Municipal de Verín mantén aberta a súa exposición Cartografía de Galicia: O rostro dun País, un percorrido polos mapas de Galicia dende o século XVII ata o XX, con especial interese na comarca de Verín. Podes visitala na Sala de Exposicións do Concello de Verín ata o 25 de outubro.

Cartografía02

SENDEIRISMO E NATUREZA

No Concello de Baltar teñen organizada unha andaina para iste domingo, 20 de outubro. A Ruta Serra do Larouco arrancará ás 9:30h da mañá dende o Caneiro para facer un percorrido de 15km polas fermosas terras da serra cunha dificultade media. A organización conta cun vehículo de asistencia para os participantes que o necesiten e facilitará toda a información precisa, ademais do avituallamento necesario para a andaina. Será necesario facer inscrición previa, cun custe simbólico de 2€. Teléfonos para anotarse: 988.466.503 e 680.996.684.

Andaina Serra do LArouco

FÚTBOL

O domingo, 20 de outubro, ás 17h, o Verín CF xogará na casa co Sporting Carballiño. O Estadio José Arjiz acolle a 7ª xornada da liga Primeira Galicia Grupo IV. Encherase o campo para animar ós xogadores?

fútbol verín 2019-10-20

"Teatro, lo tuyo es puro teatro..."