jueves. 13.06.2024
El equipo de Solleira. | FOTO: Anabel G. Simón.
Equipo de traballadoras e traballadores de Solleira. | FOTO: Anabel G. Simón.

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar as axudas de "Respiro Familiar". Un programa que busca facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras. As axudas poderanse solicitar ata o vindeiro mes de outubro e o centro de día municipal de Verín, Solleira, xa ofrece o servizo de tramitación das mesmas.

O programa "Respiro Familiar" permite, entre outras accións, que persoas dependentes, ou con discapacidade, realicen estancias temporais en centros de día. A través deste programa, a Xunta de Galicia achegará un máximo de 1.000 euros para aboar o custe dunha estadía nun centro de día. A idea é favorecer o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes e con discapacidade.

Solleira, Centro de día de Verín, habilita un espazo para informar sobre os requerimentos necesarios para poder optar ás axudas de Respiro Familiar. Atenderán ás persoas interesadas tódolos días, de 10 a 12 horas. Encargaranse, tamén, de realizar os trámites para a solicitude dunhas axudas que buscan facilitar o descanso das persoas coidadoras.

Poderanse xustificar estancias temporais desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de novembro deste ano, sempre e cando se conte co correspondente informe do traballador social que acredite as circunstancias de cada caso.

NOTICIAS VERÍN | Solleira tramitará as axudas de "Respiro Familiar"
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad