viernes. 26.04.2024
PSdeG-PSOE OU Executiva 20230530 (FILEminimizer)
Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, celebrada onte á tarde.

PSOE ourensán abre a vía do "diálogo" con Democracia Ourensana e co Bloque Nacionalista Galego co "único" obxectivo de chegar a acordos que permitan pór fin a 36 anos de gobernos do clan Baltar na provincia e a 44 anos de goberno da dereita na Deputación.

Dende a executiva provincial afirman que é primordial buscar un acordo para pór fin "a rede clientelar e caciquil promovida polos populares e consistente nunha trama de reparto indiscriminado de fondos públicos entre concellos afíns, co único fin de comprar vontades e de castigar a aqueles concellos que apostan por outras siglas distintas ás do PP”.

Estamos ante unha obriga e unha débeda histórica con esta provincia

A executiva provincial reuníase onte á tarde para confirmar, por unanimidade, que "estamos ante unha obriga histórica: o apoio unánime ao inicio das negociacións coa finalidade de propiciar un goberno de cambio na Deputación Provincial de Ourense". Acordaron, tamén, respaldar ó seu secretario xeral, Rafael Rodríguez Villarino, como "interlocutor natural das negociacións".

Neste senso, tamén afirman que a provincia "non pode seguir nin un minuto máis nas mans do clan Baltar e do Partido Popular, que levaron a Ourense a encabezar tódolos ránkings negativos a nivel nacional". Os e as socialistas consideran que "estamos ante unha obriga e unha débeda histórica con esta provincia e cos veciños e veciñas dos 92 concellos da provincia, que decidiron non darlle a maioría absoluta ao Partido Popular".

O PSOE ourensán abre a vía do diálogo para pór fin a 36 anos de goberno da saga dos...