Comezan a quentar os motores para o pistoletazo de saída da campaña destas municipais. No que queda de semana, as dúas formacións que integran o bipartito de Goberno no Concello de Verín convocan a filas aos seus siareiros. O primeiro en facelo será o rexedor Gerardo Seoane, independiente que volve de novo a encabezar a lista dos socialistas galegos. Este venres, dende ás 20:30 horas, simpatizantes e todos aqueles que non o sexan pero que desexen coñecer as propostas para o vindeiro mandato, poden acudir ao mitin que terá lugar na Casa da Cultura da vila.
Non tardará moito máis tempo en celebrar o seu mitin central de inicio de campaña o Bloque Nacionalista Galego. Diego Lourenzo Moura, o teniente de alcalde e voceiro do Concello de Verín, ademais de candidato á alcaldía pola formación nacionalista, será o último en pechar o acto do BNG no que participarán, por orde de aparición, a actual edila de Cultura, Emilia Somoza -número 2 da lista-, Ana Miranda -eurodeputada e candidata á reelección- e a portavoz nacional do BNG, a parlamentaria Ana Pontón.
O acto público será ás 12,30 horas na praza da Mercé sempre que as condicións climatolóxias o permitan. No caso de que así non sexa, será a Casa de Cultura da vila a institución que acolla o mitin de apertura de campaña do BNG en Verín.