Está sendo arestora o punto máis perigoso da rede de estradas nacionais na comarca. A agrupación de voluntarios de protección civil de Cualedro-Monterrei limpa unha vía, a estrada nacional 525, que presenta notables dificultades para transitar á altura da localidade de Atás. Tamén no Concelo de Cualedro foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia pola saída da calzada dun camión, no núcleo de Lucenza.
É unha das localizacións ás que máis atención se lles está prestando por parte dos axentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, aínda que é o Oriente provincial -A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso-, onde máis se están empregando tanto os equipos de Protección Civil das diferentes localidades como os GES de A Gudiña.
Segundo informan fontes da Dirección Xeral de Tráfico, mantense o nivel verde por neve na autovía A-52 entre os puntos kilométricos 113 e 150, ao seu paso polos termos municipais de A Mezquita, A Gudiña, Riós e Vilardevós; e tamén entre os kilómetros 166 e 180, no concello de Cualedro. O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense mantén patrullas en As Estivadas, Fumaces e A Gudiña.
En la imagen superior, el teniente de la Guardia Civil, Juan Carlos Nogueiras posa con los peregrinos a los que la nieve sorprendió en A Canda. Fueron obsequiados con chalecos reflectantes para todos ellos.