viernes. 19.04.2024
Abelardo Carballo, na moción de censura do 1 de setembro. | FOTO: Noelia Caseiro.
Abelardo Carballo, na moción de censura do 1 de setembro. | FOTO: Noelia Caseiro.

Abelardo Carballo, o rexedor do Concello de Viana, vén de comunicar que renuncia á súa retribución. A decisión está baseada nuns informes xurídicos que lle aconsellan que deixe de percibir os emolumentos que se fixaron no pasado pleno do 24 de setembro de 2020.

Dende esa data, Abelardo Carballo cobraba un salario bruto de 16.000 euros anuais, repartidos en 14 pagas, pola adicación parcial dun 50 por cento da xornada laboral. Esa mesma cantidade, e polo mesmo horario, sería a que tamén recibiría, dende entón, o seu tenente de alcalde, Andrés Montesinos. 

A proposta de retribucións foi aprobada en sesión plenaria cos catro votos dos edís populares e os dous dos concelleiros que con anterioridade militaban nas filas socialistas e que propiciaron a moción de censura contra o nacionalista Secundino Fernández.

Abelardo Carballo, ademais de alcalde, é tamén o responsable das áreas de Facenda, Emprego, Relacións Institucionais e Comunicación Pública

Carballo Alonso quixo deixar claro que "esta decisión non vai a perxudicar a boa marcha do Concello, nin vai mermar o meu traballo, nin o do meu equipo de Goberno. Seguirei traballando coa mesma ilusión e adicación destes últimos meses".

O alcalde de Viana renuncia á súa retribución