jueves. 02.05.2024
corte luz02
Intervención dos bombeiros de Verín no accidente provocado por un camión ó arrancar os cables eléctricos na Avenida Luis Espada en xuño. | FOTO: Anabel G. Simón.

Unha vez máis, os responsables das administracións públicas das que dependen os servizos de Extinción de Incendios e Salvamento Comarcais volven adiar as conversas cos bombeiros. Logo do plantón dista semana, Xunta e Deputacións propoñen unha nova data para reunirse cos representantes dos traballadores.

Dende o Comité de Folga, os representantes dos traballadores afirman estar "fartos de promesas de fume nos últimos anos", motivo polo que "non se levantarán as medidas de presión ata que se acade o acordo que satisfaga ao persoal". A nova data de reunión entre administracións e traballadores é o vindeiro xoves, 14 de setembro, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago de Compsotela.

bombeiros verín en folga
Os bombeiros manterán a folga ata acadar un acordo.

A desconfianza perante a actuación das administracións nos últimos anos fai que os bombeiros comarcais vaian seguir mantendo a súa liña de actuación. De feito, dende o Comité de Folga propoñen realizar "dúas manifestacións en Santiago os días 15 e 16 de setembro, coincidindo coas reunións dos Ministros de Asuntos Económicos e Financeiros da UE na Cidade da Cultura".

Que está pasando nos parques comarcais de bombeiros?

A falta de persoal é o gran problema dos parques de bombeiros. Os protocolos oficias establecen un mínimo de cinco efectivos por intervención; cinco profesionais para atender con seguridade as situacións de emerxencia ás que se enfrontan. Pois ben, os parques comarcais teñen unha media de 17 bombeiros máis un xefe de parque; é dicir, tres efectivos por garda.

Los dos vehículos de extinción del parque de Bomberos de Xinzo de Limia, en la vivienda afectada.
Os bombeiros de Xinzo atenderon un lume en Verín ó non haber efectivos no parque comarcal de Verín.

No parque de bombeiros de Verín, xa dende hai meses, teñen varias baixas de longa duración sen cubrir que coinciden co periodo vacacional obrigatorio e, tamén, con permisos de paternidade. Unha situación que provoca, a día de hoxe, que o número de efectivos sexa de 9 bombeiros en vez dos 18 que debería haber. Motivo polo que non queda outra que pechar o parque.

Ista situación provoca que leven anos soportando unha descomunal sobrecarga de traballo que afecta non só físicamente, tamén anímicamente dadas as situacións de emerxencia que deben atender. Conscientes de que a cidadanía non ten culpa da falta de actuación política, os bombeiros seguían cubrindo a falta de persoal a costa da súa vida persoal.

NOTICIAS VERÍN | Xunta e Deputacións aprazan dez días máis a reunión cos bombeiros