sábado. 05.10.2024
doazón sangue reservas baixas A+A-0+ (FILEminimizer)
Grupos sanguíneos con reservas baixas nistes días.

As reservas de sangue dos grupos 0+, A- e A+ están en niveis baixos nistes días; motivo polo que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue facía onte un chamamento á colaboración da sociedade, animando a doar para poder subir as reservas e atender as necesidades dos hospitais galegos.

Precisamente, hoxe a unidade móbil de doazón estará en Riós e Vilardevós. Cada día precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para poder cubrir a atención nos centros sanitarios galegos. Hoxe buscará na comarca incrementar o número de doazóns e poder manter en niveis correctos as reservas de todos os grupos sanguíneos.

Permanecerá na Praza do Concello de Riós dende as 10:30h. ata as 12:00 horas, á espera de todas as persoas que queran axudar na campaña de doazón. Logo, dirixirase cara a Vilardevós, onde estacionará diante da Casa Consistorial. Alí estará dende as 12:30h até as 14:00 horas.

Para doar sangue hai que almorzar e agardar dúas horas logo de xantar. É importante informar ó médico da medicación que se está a tomar. Poden ser doantes todas as persoas maiores de 18 anos e cun peso superior ós 50kg

NOTICIAS VERÍN | A unidade de doazón de sangue chega á bisbarra cun aviso por reservas...