jueves. 09.05.2024
Portas Abertas
Oficina do CDR Portas Abertas en Verín. | FOTO: Anabel G. Simón.

O problema do avellentamento da poboación no rural, e o despoboamento nos últimos anos, está provocando que se incrementen de xeito exponencial as situacións de soidade non desexada en moitas persoas maiores. Iste feito é o motivo polo que o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas inicia un programa centrado na atención integral dos maiores.

A iniciativa "No rural, ninguén só" é un proxecto de acción social que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores que viven no ámbito rural, promovendo a igualdade de oportunidades respecto a quen habita en zonas urbanas. Un programa que conta coa colaboración da Fundación "la Caixa", entidade que promove iniciativas sociais no rural.

Detectar cando se produce unha soidade non desexada é o primeiro paso para poder facer unha valoración de cada situación e iniciar as accións necesarias para revertirla. Unha vez analizada a situación e coñecidas as necesidades, dende o CDR Portas Abertas ofrecése apoio e acompañamento en tódolos ámbitos.

"No rural, ninguén só" busca evitar a institucionalización das persoas maiores da comarca que viven no rural. Por iso, a iniciativa levarase a cabo dende unha perspectiva de atención integral, centrada na persoa, empregando todos os recursos existentes na comunidade. 

Calquer persoa interesada no programa pode contactar co CDR Portas Abertas nas súas oficinas de Vilardevós, na rúa Xacinto Santiago, e Verín, sita na rúa Mariano Carrero. Tamén, pódese contactar a través dos teléfonos da entidade: 988 417 232 e 988 989 505.

NOTICIAS VERÍN | "No rural, ninguén só", nova iniciativa de atención ás persoas maiores...