viernes. 26.04.2024
ARQUIVO PORTAS ABERTAS ABRIL 2023-28
Oficinas do CDR Portas Abertas en Verín. | FOTO: Anabel G. Simón.

Ofrecer un acceso inclusivo e de calidade aos recursos e servicios que melloren a calidade de vida dos habitantes do medio rural mediante o emprego das novas tecnoloxías é o principal obxectivo do Programa de Modernización e Transformación Dixital que vén de pór en marcha o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

O programa busca un cambio no modelo de relación e atención coas persoas, especialmente aos máis vulnerables, para crear entornos equitativos, accesibles, con maiores apoios e máis resilientes que permitan desenvolver no medio rural  un proxecto de vida pleno.

Para lograr istes obxectivos poranse en práctica diversas accións. Utilizaranse dispositivos de teleasistencia móvil accesible, domótica, plataformas de servicios, aplicacións de soporte diverso e outras ferramentas que conxuguen as necesidades e intereses das persoas beneficiarias coa dispoñibilidade de recursos.

Programa de Modernización e Transformación Dixital tamén demanda una profunda transformación da propia entidade de desenvolvemento rural. Deste xeito, o CDR Portas Abertas implementará un sistema integrado de información que simplificará a xestión administrativa interna; feito que facilitará novas canles de acceso ó centro, así como a prestación de servicios ás persoas beneficiarias e a propia participación das persoas.

Este proxecto levarase a cabo en oito comunidades autónomas e implica una forte inversión tecnolóxica. O programa está financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

NOTICIAS VERÍN | Portas Abertas impulsa a transformación dixital no medio rural