jueves. 09.05.2024
programa transformación dixital
O programa de transformación dixital facilitará o acceso ós servizos do rural.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas está a traballar nun novo proxecto para poñer en valor o rural. Nestes días andan na procura de todos os pequenos comercios e empresas que ofrecen os seus servizos no rural para ofrecerlles a posibilidade de xeolocalizar os seus negocios.

O obxectivo da iniciativa é "crear unha aplicación na que a xente poda ter información precisa e inmediata de todos os servizos que hai no rural", explica Tamara Balboa García, coordinadora do CDR Portas Abertas e presidenta de COCEDER. Farmacias, tendas, horario de autobuses... calquer servizo do rural que quera aparecer no mapa dixital pode facelo contactando co CDR Portas Abertas.

O proxecto realízase a través do programa de "Transformación Digital para el Desarrollo Integral del Medio Rural", e busca poñer todos os servizos locais do rural ó alcance dun só clic. Un xeito de achegar as novas tecnoloxías ó rural co obxectivo de dinamizar os negocios facéndoos máis accesibles.

Un programa vinculado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Derechos Sociales do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos Next Generation.

NOTICIAS VERÍN | Unha aplicación para xeolocalizar todos os servizos no rural