viernes. 26.04.2024
Portas Abertas_cursoFITOSANITA02
O curso impartirase na sede de Vilardevós do CDR Portas Abertas.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza a realización do curso básico para poder obter o carné de manipulador e aplicador de produtos fitosanitarios. Carné obrigatorio para poder utilizar istes produtos. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de maio, venres.

O curso realizarase nas instalacións que o CDR Portas Abertas ten en Vilardevós durante tres sábados do mes de xuño. Terá un custe de 85€, que inclúe a formación, as taxas do carné e a xestión administrativa. A inscrición ó curso poderase realizar nas oficinas de Portas Abertas en Verín, na Rúa Mariano Carrero, en horario de mañá.

O CDR Portas Abertas facilita, tamén un enderezo electrónico para poder solicitar información ou realizar a matrícula do curso: ramoncdrportasabertas@gmail.com

NOTICIAS VERÍN | Portas Abertas impartirá un curso para obter o carné de manipulador de...