lunes. 29.04.2024
Portas Abertas, formación interna 202306
O persoal do CDR Portas Abertas vén de realizar novas formacións. | FOTO: CDR Portas Abertas.

Na procura de alcanzar a excelencia na atención ós seus usuarios e usuarias, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas vén de rematar unha nova formación interna para o seu persoal. Niste ano, Portas Abertas apostou pola mellora da capacitación profesional do seu equipo de traballo co obxectivo de poder ofrecer unha mellor e máis completa atención ás persoas que atenden e asesoran.

Con ise obxectivo, iste ano puxeron en marcha accións dentro do programa "Transformación Digital para el Desarrollo Integral del Medio Rural" para incrementar as competencias dixitais dos e das profesionais da entidade, das persoas beneficiarias e, tamén, das persoas voluntarias de Portas Abertas. Unha oportunidade para alinearse nun contexto cada vez máis dixitalizado e traballar por unha sociedade inclusiva que non deixe a ninguén atrás.

O programa "Transformación Digital para el Desarrollo Integral del Medio Rural" está promovido por Coceder, vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGeneration.

NOTICIAS VERÍN | Portas Abertas reforza a mellora da atención ós seus usuarios