lunes. 20.07.2026
Os servizos de emerxencia non foron quen de reanimalo

Morre en plena rúa un home de 58 anos, en Trasmiras

Al lugar se había movilizado el helicóptero medicalizado del 061. | FOTO: @HelicoOurense.
Ata Trasmiras desprazouse o helicóptero medicalizado. | FOTO: @HelicoOurense.

Pouco despois das 17:00 horas, un home de 58 anos, natural de Trasmiras aínda que retornado de Venezuela, faleceu, segundo as primeiras investigacións, dun infarto logo de atoparse indisposto cando paseaba coa súa bicicleta. 

Segundo testemuñas, o falecido solicitoulle a unha veciña da rúa Gracia de Trasmiras que lle proporcionase un vaso de agua logo de sentirse mal. Nese intre, acabou desplomándose ao chan e foron requeridos os servizos de emerxencia. Ata o lugar se desprazaron dúas ambulancias e mesmo o helicóptero medicalizado pero, aínda que o personal sanitario tentou recuperar as súas constantes, non puderon máis que acabar certificando o seu falecemento. 

 

Morre en plena rúa un home de 58 anos, en Trasmiras
Comentarios