Venres. 29.03.2024
Bando informativo do Concello de Viana do Bolo.
Bando informativo do Concello de Viana do Bolo.

Co fin de retomar a normalidade no concello, o próximo martes 13 de abril, volverán celebrarse as Feiras en Viana do Bolo.

Dende o Concello e co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade pola Covid-19, a organización dos postos será a seguinte:

  • A separación entre estes deberá ser de 4 metros polo menos, o que lle facilitará ós usuarios do mercado o mantemento da distancia mínima de separación de 2 metros entre persoas. Os postos só poderán colocarse nunha das marxes de cada rúa, deixando a outra libre.
  • Soamente poderán asistir o 75% dos postos de mercado que habitualmente veñen, tendo preferencia os vendedores de produtos alimentarios e perecedoiros. Ademais, non se poderá ter aparcado ningún vehículo anexo ao lugar de venda. Os postos que non se poidan ubicar nesta feira por motivos de espazo, terán preferencia na seguinte
  • Asimesmo, dentro dun mesmo posto de venda, as persoas encargadas do mesmo deberán gardar entre elas unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único responsable, no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.
  • Cada posto proporcionará xeles para a limpeza e desinfección dos usuarios. Tamén, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda.

 A Policía Local de Viana do Bolo, velará polo cumprimento da distancia de seguridade e ordenará a colocación dos postos.

Con respecto ás persoas que acudan á feira, será obrigatorio sempre manter a distancia de seguridade de 2 metros, usar en todo momento máscara, evitar cualquera tipo de aglomeración e deberán tentar abonar as súas compras co prezo exacto (na medida do posible).

Con estas medidas, preténdese garantir que usuarios e vendedores, poidan exercer a súa actividade con normalidade e seguridade fronte á Covid-19. Ademais, individualmente, deben respectarse todas as medidas de protección habituais, apelando á responsabilidade de todos e todas.

A día de hoxe o concello de Viana do Bolo non conta con ningún caso activo de coronavirus. 

WhatsApp Image 2021-04-08 at 14.30.03 (1)

Bando informativo do Concello de Viana do Bolo sobre a Covid-19.

Martes 13 de abril, feira en Viana do Bolo