domingo. 13.10.2024
Os fregueses, en canto saían de misa, serán recibidos ao son das chocas

Os cigarróns saíran polas rúas, dende o Concello da vila, a partires das 11,30 horas deste domingo

Arranca de xeito oficial o Entroido de Verín cun primeiro prato moi agardado polo colectivo dos Cigarróns, o Corredoiro. O aperitivo da xornada do xoves de Compadres da paso a un domingo no que os protagonistas son os traxes e as chocas da figura máis representativa da festa verinense. Ás 13,30 horas, dúas horas despois de que comece o desfile na Praza do Concello, terá lugar a lectura do pregón a cargo do entroideiro Manolo "Cazoleiro".

180204 CORREDOIRO 2018IMG_1475-2
Os Cigarróns recibirán un ano máis aos fregueses na Praza da Mercé.

O xoves de Compadres foi o pequeno aperitivo masculino, aínda que tamén feminino, deste e de todos os entroidos. Pero se hai un primeiro prato e forte, ise é, sen dúbida, o domingo de Corredoiro e as carreiras, ordenadas, dos cigarróns polas rúas da vila, fundamentalmente Avenida de Portugal, dende onde sairán, Lisa e Prazas da Mercé e García Barbón.

A partires das 11,30 horas está previsto que varias centenas de cigarróns comecen a facer soas as súas chocas diante da casa consistorial. Arrancará, dende alí, un vistosísimo e abouxador desfile que os levará ata as portas das dúas igrexas de Verín, a Parroquial, e a dos pais Mercedarios. Así, recibirán os fregueses que asitiran á misa para conducilos a todos cara a Maior, onde estará todo listo para a lectura do pregón, que este ano lle toca a un home moi vencellado -seguindo a política instaurada dende a concellería de Festexos de apostar por figuras representativas da vila- ao Entroido de Verín, Manolo "Cazoleiro". Antes e despois da lectura do texto, que comezará ás 13,30 horas, soarán nas inmediacións as músicas das charangas Támega e Vakapinta. Ao longo deste domingo "entroideiros" a orquestra Trebol e a discoteca móbil Gramola encargaranse de seguir amenizando a xornada. 

Os cigarróns saíran polas rúas, dende o Concello da vila, a partires das 11,30 horas...