viernes. 19.04.2024
Boticas Hotel. Teto do Mundo 1
Vistas desde O Teto do Mundo. | FOTOS: Boticas Hotel.

O Teto do Mundo é un dos miradoiros máis impresionantes de Portugal. Está situado no Barroso, e o Boticas Hotel Art & Spa organiza mañá sábado, 14 de maio, unha ruta até a cima, que inclúe unha escalada en vía ferrata.

A edición especial deste fin de semana ten un prezo de 10 euros por participante e as reservas pódense facer no teléfono 351 276 414 330, ou a través do mail: [email protected] 

As vías ferratas son rutas de montaña equipadas con sistemas que permiten ao deportista completar un itinerario de forma protexida e avanzar até o punto final. A diferencia da escalada, estes equipamentos están instalados na rocha e so hai que seguilos.

Boticas Hotel. Teto do Mundo 3
Os participantes subirán a través dunha vía ferrata de 150 metros.

Na ruta do Teto do Mundo, a vía ferrata ten uns 150 metros de lonxitude e o desafío é escalar as rochas e pasar pontes até alcanzar a cima. 

Boticas Hotel. Teto do Mundo 2
Unha das pontes da ruta.

Aos participantes ofreceráselles equipamento de protección individual, seguro, guía e unha pequena comida ao remate.

Escalada en vía ferrata ao miradoiro do Teto do Mundo desde o Boticas Hotel