martes. 23.04.2024
Festividade do 15 de agosto en Viana, Virxe da Asunción.  | FOTO: Ares Pérez
Festividade do 15 de agosto en Viana, Virxe da Asunción. | FOTO: Ares Pérez.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa, das decisións adoptadas polo comité clínico, na que se acordou o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Ordes e Monforte de Lemos.

Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade remarcou que a situación epidemiolóxica de Galicia continúa rexistrando unha “lixeira melloría”, seguindo coa boa evolución das últimas semana.

Ademais, fixou o nivel alto de restricións para os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda, Pontedeume, Ares, Cariño, Melide, Trazo, Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober, O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, O Rosal e A Cañiza.

Viana do Bolo entrará no novo nivel ás 00:00 horas do vindeiro sábado 28 de agosto. A decisión do comité clínico de elevar ao municipio de nivel está máis que xustificada polo incremento notable de casos activos nas últimas xornadas. Hoxe rexistra 27 positivos
 

Cribado voluntario este mércores

Os veciños de Viana do Bolo, A Veiga e Vilariño de Conso, entre os 12 e os 39 anos, están chamados a realizar un cribado voluntario no pavillón municipal de deportes de Viana do Bolo, este mércores, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Será vía PCR. Para poder inscribirse, bastar con acceder e rexistrarse neste enlace

 

Resumo das principais restricións no nivel alto

 

LIMITACIÓNS  DA PERMANENCIA DE PERSOAS E GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

  • Limítase a permanencia en grupos ata un máximo de seis persoas, en espazos pechados e dez persoas, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes ou agás que os encontros se produzan exclusivamente entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes.

Entre a 1:00 e as 6:00 horas, a permanencia de grupos de persoas  quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.


ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Permitido consumo no interior con limitación 30%. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Non está permitido o consumo en barra.
  • Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Horario do peche ao público: ás 23:00 horas ca opción de pechar ás 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura. Non se pode admitir novos clientes a partir das 00:00 horas.
  • Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata a 1:00 horas.
  • Permítese a entrega a domicilio ata a 1:00 horas.


ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

  • Unicamente servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 75% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas.
  • Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.
  • O horario máximo de peche será á 1:00 horas.

 

HOTEIS, ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa  capacidade.
  • Albergues turísticos: 50% dos espazos de aloxamento de uso compartido. 100% para grupos burbulla ou unidade familiar.

 


ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 75% da súa capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

 

PRAIAS E PISCINAS

  • Superficie da praia para cada usuario: debe manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • No caso das piscinas ao aire libre e cubertas: 50% da capacidade máxima.
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas: 50% teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100% naqueles que dispoñen de cabinas e 50% se non despoñen delas.
  • Grupos: Máximo dez persoas non conviventes.
  • Persoas conviventes: Sen límite máximo
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.​

 

CORONAVIRUS VIANA | Os 27 positivos colocan ao municipio no nivel alto de restricións