
O que podería ser un día para non esquecer, acabará por convertirse nun para esquecelo se é que se acaba confirmando algún positivo máis entre os asistentes á celebración da primeira comunión dunha cativa de Baltar este domingo. Segundo puido saber esta redación, o positivo do oficiante vén de deixar a unha ducia de persoas confinadas -a pequena tamén- ata que non se coñeza o avance do que pode chegar a ser un importante gromo neste municipio ourensán.
Segundo testemuñas presenciais, o párroco oficiou a eucaristía sen a oportuna máscara e a cativa que recibía o sacramento da comunión retirouna para a lectura dos textos bíblicos.
O sacerdote titular da parroquia de Baltar leva pouco máis dun mes no seu novo destino, e presta atención a todos os fregreses do municipio.