luns 06/12/21
Desenvolveranse todos os mércores, entre as 11:00 e as 12:00 horas, dende o vindeiro 3 de abril

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o obradoiro de estimulación mental do maior

Os Servizos Sociais do Concello de Verín veñen de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar no obradorio de estimulación cognitiva que se está a organizar. As persoas maiores que desexen asistir deberán anotarse nas oficinas municipais da súa Área. Os cursos comezarán o vindeiro 3 de abril.

 

Grupo de maiores da localidade de O Salgueiro.
Grupo de maiores da localidade de O Salgueiro.

A área de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín vén de abrir o prazo de inscrición para o obradoiro de estimulación cognitiva "Pon en forma a túa mente", que terá lugar na Casa da Xuventude. Esta iniciativa, de carácter gratuíto, está enmarcada dentro do programa “Envellece comigo”, posto en marcha dende a área de Maiores municipal.

Devanditos cursos, que se impartirán dende o 3 de abril na Casa da Xuventude do Concello de Verín, están destinados a persoas maiores e desenvolverase todos os mércores entre as 11:00 e as 12:00 horas da mañá. 

O obxectivo desta iniciativa é establecer, a través de diversas actividades, un espazo rico a nivel estimular onde as persoas maiores poidan adestrar as súas capacidades cognitivas coa finalidade de manter a mente activa, unha acción moi necesaria para mellorar a súa calidade de vida.

A inscrición pódese formalizar nos Servizos Sociais Comunitarios, na súa Área de Maiores, ubicados na Avenida de Portugal ou mesmo chamando ao número de teléfono 988.41.47.76, entre as 8:00 e as 15:00 horas.

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o obradoiro de estimulación mental...
comentarios