sábado. 05.10.2024
O obradoiro terá lugar na sede de Aever, o mércores ás 17,30 horas

O Centro de Información da Muller chama aos xóvenes a deseñar o programa preventivo do Entroido

O Centro de Información da Muller convoca para a tarde deste mércores, dende as 17,30 horas, a todos os xóvenes da Mancomunidade a un taller do que sairán as mensaxes e iniciativas que logo o CIM utilizará na segunda edición da súa campaña Preventroido. Terá lugar na sede da Asociación de Empresarios e Comerciantes da vila de Verín (Aever), na vella casa sindical.

Un dos lemas empregados na campaña do CIM do pasado Entroido.
Un dos lemas empregados na campaña do CIM do pasado Entroido.

Logo do éxito acadado na primeira edición do Preventroido do pasado ano, o Centro de Información da Muller (CIM), dependente da Mancomunidade de Municipios de Verín, organiza para este mércores ás 17,30 horas na sede da Asociación de Empresarios e Comerciantes da vila (Aever) un taller aberto á mocidade verinense (ata os 35 anos de idade) do que sairán os lemas da campaña que dende o CIM porán en marcha antes de comezar os festexos do Entroido, e durante o seu desenrolo, para promover hábitos saudables na comunidade. Así, e co propósito de que sexan precisamente os mozos e mozas da Mancomunidade parte activa da iniciativa, as portas de Aever (na vella casa sindical) estarán abertas para todos aqueles que desexen achegarse e participar na dinamización proposta polos profesionais do CIM.

INDISCUTIBLE FINALIDADE EDUCATIVA

Dese taller sairán as propostas en materia preventiva que se activarán coa chegada do Entroido da man do Centro da Información da Muller que dirixe Lorena Álvarez. A Campaña Preventoido, que así se deu en chamar, está baseada na escoita das necesidades comunitarias e posúe unha indiscutible finalidade educativa. Conta con tres elementos diferenciadores que a convirten nunha das máis efectivas das postas en marcha ata o de agora para o colectivo de xóvenes, pois está adaptada á súa linguaxe e aos seus intereses, non utiliza mensaxes prohibitivos, senón enfocados a unha sexualidade respectuosa e saudable, e, por último, introduce a perspectiva de xénero na prevención, promovendo un rol activo das mulleres e mozas, "porque elas tamén deciden", asegura a responsable do Centro de Información da Muller, Lorena Álvarez.

O Centro de Información da Muller chama aos xóvenes a deseñar o programa preventivo do...