sábado. 05.10.2024
Captura de pantalla 2021-03-04 194705
Actividade do Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras, co lema ''Pola igualdade dou a cara''. | FOTO: CIM.

Co lema ''Pola igualdade dou a cara'' o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Conso Frieiras (CIM), propón unha actividade de sesibilización con motivo do 8M, que terá lugar na semana do 8 ao 12 de marzo e contará coa participación do Concello de Riós, A Mezquita e A Gudiña

A iniciativa consiste en participar sacando unha fotografía co lema, de forma individual, e etiquetar ao CIM en Facebook. Outra opción é asistir ao Photocall que van organizar, nos diferentes concellos cos que colaboran, e sacar a imaxe alí.

  • A Gudiña: 8 de marzo no Edificio Multiusos, de 10:30 horas a 12:00 horas.
  • Riós: 9 de marzo no Edificio Multiusos, de 10:30 horas a 12:00 horas.
  • A Mezquita: 10 de marzo na Casa do Concello, de 10:30 horas a 12:00 horas.

 

Cartel do evento

156669131_759627791581810_6362504601210397845_o

As mulleres de Conso Frieiras darán a cara polo feminismo