sábado. 20.04.2024
BoticasHotel-diadosnamorados2023 (FILEminimizer)
Celebrar o Día dos namorados cun plan perfecto no Boticas Hotel e Spa.

Se estás pensando en celebrar o Día dos namorados dun xeito especial e queres agasallar á túa parella cunha sorpresa que poderedes compartir, no Boticas Hotel & Spa teñen preparadas dúas boas opcións para gozar do voso amor rodeados de arte, boa gastronomía, relaxación e un incomparable entorno natural. Cunha decoración que rende homenaxe ó gran pintor portugués do século XX, no Boticas Hotel & Spa poderedes embeberos da arte do gran artista contemporáneo Nadir Afonso.

Vós decidides: ben un bo xantar especial dos namorados con música ao vivo, ben un programa completo do Día dos namorados con aloxamento, acceso ó SPA, xantar romántico, música ao vivo e almorzo. E todo isto, nun encantador hotel de catro estrelas dedicado á arte contemporánea. Situado ó carón do Centro das Artes Nadir Afonso, en pleno corazón de Boticas, o edificio do Boticas Hotel & Spa, de arquitectura moderna e atrevida, está integrado nun espazo marcado por unha beleza natural inigualable.

O Boticas Hotel & Spa conta cunhas instalacións de estilo contemporáneo que renden unha sentida homenaxe ó pintor, arquitecto e filósofo Nadir Afonso. Nado en Chaves, no 1920, Nadir Afonso logrou o recoñecemento internacional xa ó comezo da súa carreira, converténdose nun dos pioneiros da arte cinética con obras que incorporan movemento multidimensional. Cadros, tapices, galerías de fotos e libros do gran mestre da pintura portuguesa contemporánea do século XX conforman a decoración do Boticas Hotel & Spa.

Programa Día dos namorados

Deixádevos embeber pola arte no Boticas Hotel & Spa cun completo programa especial para o Día dos namorados. Que teredes? Unha noite de aloxamento en habitación doble superior con tratamento VIP Románticobenvida "Drink" á chegada. Ademais, poderedes acceder ó ximnasio, á piscina interior e ó SPA, onde teredes oportunidade de relaxarvos na sauna, no jacuzzi e no baño turco. O programa inclúe unha completa oferta gastronómica cun almorzo servido no buffet do Restaurante Abstrato do hotel e o Xantar Romántico especial Día dos Namorados que terá música ó vivo os días 11 e 14 de febreiro. 

Xantar especial Día dos namorados

Os días 11 e 14 de febreiro o Restaurante Abstrato do Boticas Hotel & Spa ofrece un menú especial Día dos Namorados con música ó vivo interpretada polo artista Phil Moutinho. O restaurante Abstrato conta co chef residente David Nobre e a dirección gastronómica da chef Justa Nobre; cunha oferta gastronómica que pón en valor os produtos tradicionais da zona do Barroso.

O menú degustación comeza cun aperitivo de esferas de fumeiro, un entrante de sopa de cogumelos en dúas texturas e un prato de peixe para degustar un filete de robalo con mollo de manteiga, espárragos verdes e cremoso de batata doce. Un descanso con sabor a granizado de laranxa para limpar o gusto e cortar os sabores antes de pasar ó segundo prato con medallón de Barrosa con risotto de cabaza e redución de viño do Porto. O xantar finaliza cunha sobremesa de mousse de caramelo salgado e froitos vermellos

No Boticas Hotel & Spa temos o plan perfecto para o voso "Día dos namorados"