Arredor dun cento de rapaces e mestres, entre coros, actores e bailaríns fixeron posible esta tarde unha nova representación do que xa é o sexto musical que os alumnos do IES Xesús Taboada Chivite escenifican tanto no centro escolar como na vila do Támega. Unha coreografía traballada e unha moi meritoria posta en escea sorprenderon, unha vez máis, ao público asistente, entre o que se atopaba un convidado de excepción, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, quen louvou o esforzo do alumnado e dos seus mestres para lograr unha representación que xa ten convites en Ourense e Pontevedra.
Valentín Gómez García, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dirixíndose ao público, esta tarde. | FOTO: LUIS VELOSO.
Antes de "A bela e a besta", os membros desta comunidade educativa xa amosaron as súas capacidades no escenario con éxitos musicais como "Grease", "Mamma mía", "Hoy no me puedo levantar", "Los miserables" ou "Moulin Rouge".