miércoles. 24.04.2024
77070AAC-8452-4A8F-804B-76BD7B02CABB
Foto dos representantes antes de iniciar a reunión no Concello de Xinzo de Limia

Con Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo, e Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura, e os membros da Comisión do Entroido como anfitrións, desde as 17:30 horas, con media hora de atraso sobre o horario previsto, comezou no Salón de Plenos da Casa do Concello a reunión dos entroidos de Xinzo, Verín, Laza, Viana e Vilariño de Conso. 

Sobre a mesa, a adopción de medidas coordinadas para garantir o cumprimento das restricións sanitaria na celebración do Entroido 2022 que, no caso de Xinzo, comezará en apenas dez días. 

Xunto aos representantes do goberno local de Xinzo, están na xuntanza, Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, e Xosé Ramón Barreal, alcalde de Laza. Os concellos do Triángulo Máxico dotan así á reunión dun marcado carácter institucional dada a relevancia das decisións que se poden acordar. 
95D068DE-B95C-4FAF-8369-61A5A4140FF6

A esta hora aínda non se coñece o protocolo específico para o entroido do Comité clínico da Xunta de Galicia.

AVANCE | Comeza a reunión dos entroidos de Xinzo, Verín, Laza, Viana e Vilariño de Conso