jueves. 25.04.2024
Foto Ana Pontón baleirado encoro  Viana do Bolo 2 (1)
Ana Pontón, con Noa Presas á súa esquerda, e Diego Lourenzo e Rafael Pérez, á súa dereita.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este mércores en Viana do Bolo que o BNG solicitou no Parlamento galego unha Comisión de investigación para esclarecer as “implicacións” da Xunta de Galiza no baleirado dos encoros por parte de Energy e Iberdrola.

Na súa visita á localidade de Viana do Bolo, tras o baleirado do encoro do Vao/Bibei que xestiona a eléctrica Iberdrola, a portavoz do BNG explicou que a Xunta “non impediu o baleirado por parte de Iberdrola e Naturgy, a pesar de coñecer a intención das eléctricas, a través de dous correos emitidos os días 10 e 12 xuño. Na súa opinión, si o Goberno galego foi realmente coñecedor das intencións das eléctricas, “estaríamos ante un caso de prevaricación”.

A portavoz do BNG, acompañada pola deputada por Ourense, Noa Presas e membros do BNG da comarca, como o alcalde da Mezquita Rafael Pérez ou o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, entre outros; criticou a “usura das eléctricas” pola turbinación de auga e a aplicación dunha “estafa diaria” que a cidadanía está a padecer nos últimos meses e sobre a que a Xunta de Galiza e o Goberno central responden con “inacción” e permitindo o que cualificou de “atentado medioambiental”.

Pontón tildou de “usura” o comportamento das eléctricas e denunciou “a hipocrisía da Xunta por ser coñecedora de que Iberdrola tiña previsto baleirar os encoros. A Xunta, recalcou a nacionalista, mantívose “cos brazos cruzados durante dous meses” e no momento do baleirado utilizouno para a súa “confrontación estéril” co Goberno do Estado.

Por que a Xunta sendo coñecedora do baleirado dos encoros non actuou; por que permite que as eléctricas danen o noso medio natural e non se faga nada e por que o Goberno da Xunta modificou a lei vinculada ás penalizacións do sector eléctrico na xestión dos ríos galegos para rebaixar as sancións nun 90%, preguntábase Ana Pontón esta mañá en Viana

As empresas eléctricas continúan beneficiándose dos recursos naturais de Galiza e cometendo “un atentado ecolóxico coa complicidade da Xunta e do Goberno central”, recalcou. Fronte a esta grave situación e recollendo a indignación de todos os galegos e galegas, o BNG xa solicitou unha Comisión de investigación porque hai moitas preguntas que merecen respostas. A primeira, “por que a Xunta sendo coñecedora do baleirado dos encoros non actuou, por que permite que as eléctricas danen o noso medio natural e non se faga nada e por que o Goberno da Xunta modificou a lei vinculada ás penalizacións do sector eléctrico na xestión dos ríos galegos para rebaixar as sancións nun 90%”.

Dende o BNG, engadiu Pontón, consideran que "estamos ante a punta do iceberg de gobernos ao servizo das eléctricas e que van de ganchete do looby enerxético”.

O Parlamento galego, recalcou a líder do BNG, debe “investigar a estafa da luz e ir até as últimas consecuencias. A Xunta non pode seguir gobernando para as eléctricas e por iso queremos unha comisión de investigación no Parlamento galego, o foro no que deben darse estas explicacións", concluíu.

Ana Pontón, en Viana: "O baleirado dos encoros é un atentando medioambiental que ten a...