Venres. 29.03.2024
IMG-20190426-WA0008
Algunha das máquinas das instalacións.

Integrantes da asociación Monteval estiveron visitando este mes as instalacións dun dos seus proxectos financiados, neste caso con 125.000€, un 45% do seu orzamento. Trátase dun edificio destinado á fabricación de pastelería, xeados artesanos e panadería que se atopa na poboación de A Rasela (Verín). 

A construción conta con dúas plantas repartidas de modo que no sótano atópase un garaxe para o servizo do edificio, un cuarto de instalación e outro para o vestuario, mentres que na planta baixa estarían unha zona de pastelería, unha zona de forneado, unha zona de xeadería, outra para a panificadora, a estancia habilitada para a tenda e unha pequena oficina.

"Unha das cousas que temos en conta neste tipo de proxectos, que se encadran dentro dos denominados coma produtivos, é o número de postos de traballo que poden crear, así coma se estes pertencen a un sector que atope máis dificultades, coma maiores de 55, por exemplo", aseguraba Ana Pardo, xerente do grupo técnico de xestión da asociación.

 

IMG-20190426-WA0010

A Asociación Monteval GDR-9 constituíuse en xuño de 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes terrioriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós.

As axudas para o financiamento dos proxectos proveñen dos fondos LEADER. O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER - Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural -. Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Membros de Monteval visitan a nova fábrica de pan, pasteles e derivados lácteos de A...