domingo. 28.04.2024
castiñeiros
Os produtores ourensáns temen que as condicións meteorolóxicas boten a perder a campaña. | FOTO: Noelia Caseiro.

Unións Agrarias faise eco da alerta que se estende entre os produtores e produtoras de Ourense, alarmados pola elevada porcentaxe de froito que se está botando a perder e que xa permite augurar unha importante caída da produción nesta campaña.

A produción de castaña representa unha inxección imprescindible para as rendas de moitas familias e supón unha importante achega para a dinamización socioeconómica do rural. Motivo polo que a organización agrogandeira fai un chamamento para que a Xunta actúe ante o declive dunha actividade tradicional que precisa de apoios e medios para manterse a flote.

A mudanza climática e as temperaturas, inusuais para esta época do ano, semellan ser a causa deste declive. Na bisbarra de Viana xa se están a notar as consecuencias: en pleno mes de outubro, os castiñeiros están perdendo a folla e os ourizos caen antes de tempo.

Una castaña afectada con la enfermedad en Pecado de Outono, propiedad de Anabel Dacosta. | FOTO: Iván Iglesias
Castaña afectada por un fungo en Pecado de Outono, propiedad de Anabel Dacosta, na tempada do 2021. | FOTO: Iván Iglesias

 

Xa na tempada do 2021 produtores de Riós, A Gudiña, Viana do Bolo, Vilardevós, Castrelo do Val e A Mezquita, padeceran danos nos castiñeiros por un fungo causante de enfermidades intensificadas polas condicións climatolóxicas, según o informe da Consellería do Medio Rural.

 

Un feito do que dan parte os produtores de castaña da zona, alarmados ante o resultado dunha campaña que xa prevén desastrosa. Por iso, Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a dar un paso á fronte e a situarse do lado do sector produtor para garantir o futuro da actividade. 

NOTICIAS VERÍN | Unións Agrarias prevé unha importante caída da produción de castaña