jueves. 18.04.2024
Residencia Monte Barrio.
Residencia Monte Barrio.

A pandemia golpeou duramente ós maiores, especialmente a aqueles que se atopaban en centros sociosanitarios. Na residencia Monte Barrio, en Riós, poden decir que o paso da covid foi case residual. Todo grazas ó esforzo de traballadores, residentes e familiares. "Non baixamos a garda e seguimos insistindo moito nas medidas de prevención", destaca José Manuel Barrio, propietario do centro.

Pese a que a covid "segue aquí" e traballan para mantela fóra da residencia, os usuarios recuperan cada vez máis actividades da prepandemia. "Nestes últimos meses retomáronse os paseos con rutas e excursións que antes non se podían facer", comenta Barrio. Con máscara e sen esquecer as medidas de prevención, os maiores volven a desfrutar do entorno natural polo ben que o fixeron durante os dous anos de pandemia.

"Nos últimos meses retomamos actividades que se deixaron de facer, pero sen baixar a garda e insistindo nas medidas de prevención" (José Manuel Barrio, propietario de Monte Barrio)

A residencia Monte Barrio mantívose desde abril de 2020 libre da covid o que exemplifica o esforzo de todos para logralo. "Estamos moi enriba da xente para que teñan coidado e iso nótase", sinala Barrio. Agora, cando a vida está máis preto de volver á normalidade, os usuarios deste centro tamén retoman as actividades que non se puideron facer neste tempo.

Deixando a pandemia atrás, Monte Barrio céntrase tamén no futuro cunha ampliación das súas instalacións. As obras permitirán duplicar a capacidade do centro e contarán con 40 prazas máis. Isto axudará a reducir a lista de espera de persoas que precisan deste tipo de servizos e así "non se vexan obrigadas a desprazarse para obter praza en lugares máis afastados", engade Barrio.

NOTICIAS VERÍN | Os avós da residencia Monte Barrio de Riós volven de excursión